O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE APLICADOR MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS.

Lourenzá, 2 de marzo de 2016. O Concello de Lourenzá organiza un curso de aplicador manipulador de produtos fitosanitarios (nivel básico). Anúnciao hoxe a alcaldesa, Rocío López, que fixo público un bando para dar a coñecer esta actividade formativa.

A rexedora municipal explica que “o curso está dirixido a tódalas persoas que o necesiten e está previsto que comece a finais deste mes de marzo. Terá unha duración de 25 horas e levarase a cabo sempre e cando se acade un número de 30 alumnos. As persoas interesadas en participar nesta acción formativa poden anotarse na Oficina Técnica de Emprego do Concello ou ben chamando o teléfono 982.12.10.06. A data límite para anotarse é o próximo martes, día 8 de marzo de 2016”.

Descargar Bando