Novas

O PAZO DE TOVAR ACOLLERÁ ESTE DOMINGO A PRESENTACIÓN DA NOVELA HISTÓRICA CATALINA DE SANTISSO, QUE DESENVOLVE PARTE DA SÚA TRAMA NAS TERRAS DE LOURENZÁ

Lourenzá, 30 de xullo de 2015. O pazo de Tovar, en San Tomé de Lourenzá, será este próximo domingo, 2 de agosto o escenario da presentación da obra titulada Catalina de Santisso, unha novela histórica de Aurora García Rivas. A cita será ás 19:30 horas e o lugar escollido non é casual, xa que parte da acción da novela transcorre no propio Pazo de Tovar no século XVI.

O CURSO DE TÉCNICAS DE ESTUDO ORGANIZADO POLO CONCELLO PARA NEN@S DE 10 E 14 ANOS CUBRE TODAS AS SÚAS PRAZAS

O curso de técnicas de estudo organizado pola Concellería de Educación de Lourenzá e impartido por Espazo Garabatos comezou o pasado luns, 27 de xullo, con todas as súas prazas completas. Así o explicou a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, que presentou esta actividade acompañada do concelleiro de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron. A formación está dirixida a nenos e nenas entre os 10 e os 14 anos e impártese os luns, mércores e venres en sesións de hora e media, ao longo de 10 sesións.