Novas

A SEGUNDA EDICIÓN DA XORNADA TODOS CARA A TOVAR CELEBRARASE ESTE DOMINGO, DÍA 28, CON DIVERSAS ACTIVIDADES DENDE AS 16:30 HORAS. ESTÁ ORGANIZADA POR ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO COA COLABORACIÓN DO CONCELLO

A segunda edición da xornada lúdica, de lecer e de convivencia Todos cara a Tovar celebrarase este domingo, día 28, na fortaleza de Lourenzá. Está organizada por asociacións do municipio coa colaboración do Concello e haberá diversas actividades dende as catro e media da tarde.

DÚAS NENAS DO MUNICIPIO RESULTARON PREMIADAS NA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO DE NARRACIÓN LETRAS GALEGAS 2015

Dúas nenas veciñas do municipio de Lourenzá resultaron premiadas na fase provincial do concurso de narración Letras Galegas 2015.

Antía Lillo Irimia, da Cazolga, conseguiu o terceiro premio na categoría de 9 a 11 anos co traballo titulado Ratonbotiño en London. E Antía Gutiérrez Gavín, de San Adriano, logrou o terceiro premio na categoría de ata 8 anos coa obra Un soño espléndido.

O NOVO GOBERNO MUNICIPAL REDUCE EN CASE UN 25 POR CENTO O SALARIO DA ALCALDESA E SUPRIME A DEDICACIÓN PARCIAL DO TENENTE DE ALCALDE. ISTO SUPÓN UN AFORRO PARA O CONCELLO DE MÁIS DE 30.000 EUROS ANUAIS

O novo goberno municipal de Lourenzá reduce en case un 25 por cento o salario da alcaldesa, Rocío López García, e suprime a dedicación parcial do tenente de alcalde, o que supón un aforro para o Concello de máis de 30.000 euros anuais. Foi aprobado nun pleno extraordinario e urxente da corporación municipal celebrado onte, mércores, cos votos favorables dos concelleiros socialistas e a abstención dos edís do Partido Popular.

MONDOÑEDO ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO 27 DE XUÑO A CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

Mondoñedo acollerá o vindeiro sábado 27 de xuño a clausura das Escolas Deportivas no Pavillón Viñas da Veiga a partir das 22,00 horas con unha garn cea baile á que acudirán preto de 500 persoas que poñerán o fin de festa ó ano deportivo 2014 2015.

Éste supón o cuarto ano de funcionamento en convenio en determinadas categorías deportivas; e os alumn@s das Escolas acudirán invitados á mesma e de forma gratuíta, así como o Mondoñedo Cf, Ed. Lourenzá Atletismo e Ed. Lourenzá Ciclismo.