Novas

AS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DO MEDIO AMBIENTE ORGANIZADAS POLO CONCELLO CONTARON COA PARTICIPACIÓN DE MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS

Máis dun centenar de persoas, entre adultos e nenos, gozaron das actividades para conmemorar o Día do Medio Ambiente celebradas o pasado fin de semana en Lourenzá e que foron organizadas polo Concello.

O venres houbo obradoiros medioambientais para nenos e nenas na praza do Conde Santo e o domingo inaugurouse a ruta de sendeirismo Val de Lourenzá, coa colaboración da asociación Terras de Lourenzá.

XOGADORES DO 1º EQUIPO E A DIRECTIVA DAS ESCOLAS ARRANXAN O CAMPO DE FÚTBOL DE STA. CRUZ

A partir deste pasado sábado Sta. Cruz empezará a recobrar o seu mellor aspecto de cara a unha nova temporada onde o primeiro equipo das Escolas volve á Primeira Autonómica.

Tras un traballo de aboado, escarificado e rexeneración con area de sílice a alfombra de Sta. Cruz volverá a lucir entre os mellores campos da categoría, gracias ó traballo colectivo da gran familia das Escolas. Un 10 para todos!!! Un gran exemplo!!!