ENTREGADOS OS PREMIOS DO CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO LETRAS GALEGAS 2015 NA BIBLIOTECA MUNICIPAL JUANA DE IBARBOUROU

A biblioteca municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, acolleu a entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2015.

No acto participaron os nenos e nenas premiados, que, ante o público asistente, ensinaron os debuxos que resultaron seleccionados; e no caso das narracións, léronas. Asistiron a concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez, e a bibliotecaria, María José López, que desexaron aos galardoados sorte na fase provincial, da Biblioteca de Lugo, á que xa foron remitidos tódolos traballos premiados en Lourenzá.

Descargar listado de gañadores (PDF) 

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO LETRAS GALEGAS 2015 NA BIBLIOTECA MUNICIPAL  JUANA DE IBARBOUROU