DÚAS NENAS DO MUNICIPIO RESULTARON PREMIADAS NA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO DE NARRACIÓN LETRAS GALEGAS 2015

Dúas nenas veciñas do municipio de Lourenzá resultaron premiadas na fase provincial do concurso de narración Letras Galegas 2015.

Antía Lillo Irimia, da Cazolga, conseguiu o terceiro premio na categoría de 9 a 11 anos co traballo titulado Ratonbotiño en London. E Antía Gutiérrez Gavín, de San Adriano, logrou o terceiro premio na categoría de ata 8 anos coa obra Un soño espléndido.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, recordou que “este concurso fallouse a nivel local no mes de maio e os gañadores desta fase que organizou a biblioteca pública municipal pasaron á provincial e competiron co resto dos traballos de todo Lugo”. Ademais anunciou que as dúas nenas de Lourenzá galardoadas “recibirán os premios provinciais nun acto organizado na Biblioteca Provincial de Lugo o venres 26 de xuño ás 8 da tarde”.