A ALCALDESA E O CONCELLEIRO DE CULTURA ENTREGARON OS PREMIOS DO CAMPIONATO DE PARCHÍS POR PARELLAS PARA ADULTOS ORGANIZADO POLO CONCELLO

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, entregaron os premios do primeiro campionato de parchís por parellas para adultos organizado polo Concello de Lourenzá e que se celebrou na biblioteca municipal.

A rexedora explicou que “esta iniciativa veu da man dun grupo de veciñas que nos propuxeron a idea de organizar uns xogos de parchís para as tardes de tempo libre. A proposta foi ben acollida pola Concellería de Cultura, que foi a encargada de poñer en marcha o campionato, no que participaron 6 parellas”.

As gañadoras foron Berta Lagarón Debén e Társila Irimia López e a parella subcampioa formábana Silvestre Llenderrozos Bermúdez e María José López Noceda.

Rocío López engadiu: “tratamos de ofrecer alternativas ao tempo libre a través da posta en marcha de actividades que fomentan a reunión entre os veciños e a vida en sociedade. Dende o Concello felicitamos aos gañadores e a todos os participantes”.

A ALCALDESA E O CONCELLEIRO DE CULTURA ENTREGARON OS PREMIOS DO CAMPIONATO DE PARCHÍS POR PARELLAS PARA ADULTOS ORGANIZADO POLO CONCELLO