A ALCALDESA E O DIRECTOR XERAL DE AGADER ASINARON O ACORDO PARA A CESIÓN DUNHA PARCELA EN SAN ADRIANO, QUE SE DESTINARÁ A APARCADOIRO PARA O CEMITERIO DESTA PARROQUIA

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Antonio Crepo, e a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, asinaron o acordo para a cesión dunha parcela en San Adriano, que se destinará a aparcadoiro para o cemiterio desta parroquia.

A rexedora municipal explicou que se trata “da parcela 2333 do polígono 8, sita na parroquia de San Adriano. Esta finca era propiedade do Bantegal e coa firma deste acordo Agader cede en propiedade, mediante adxudicación directa e a título gratuíto, a mencionada parcela a favor do Concello de Lourenzá”.

Rocío López engadiu que “a referida parcela linda co cemiterio parroquial de San Adriano, que carece de aparcadoiro. Estamos a deseñar un proxecto para destinar esa finca a aparcadoiro do cemiterio e dotar así dun maior servizo e comodidade aos cidadáns que acudan ó camposanto. Estamos a estudar as actuacións e os traballos que haberá que aplicar sobre o terreo para acondicionar a parcela e destinala a ese fin”.

A ALCALDESA E O DIRECTOR XERAL DE AGADER ASINARON O ACORDO PARA A CESIÓN DUNHA PARCELA EN SAN ADRIANO, QUE SE DESTINARÁ A APARCADOIRO PARA O CEMITERIO DESTA PARROQUIA