DOUS CURSOS DE APLICADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO EMPEZAN MAÑÁ CON 60 PARTICIPANTES. ALGUNHAS PERSOAS QUEDARON EN LISTA DE ESPERA PARA OUTRO QUE SE CELEBRARÁ NOS VINDEIROS MESES

Dous cursos de aplicador de produtos fitosanitarios organizados polo Concello de Lourenzá empezan mañá, sábado, día 2. Contan con un total 60 participantes, 30 en cada un, polo que se cubriron todas as prazas que había. Ademais quedaron algunhas persoas en lista de espera para outra actividade formativa dedicada a este mesmo tema que se celebrará en Lourenzá nos vindeiros meses e para o que se seguen recollendo inscricións.

A alcaldesa, Rocío López, cualifica como “todo un éxito esta iniciativa que atende a unha necesidade real existente para os cidadáns” e explicou que neste cursos “os asistentes realizarán un exame que lles permitirá obter o carné de manipulador de produtos fitosanitarios. Dende a entrada en vigor do Real Decreto 1311/2012 de uso sustentable de fitosanitarios, a venda destes produtos para o seu uso profesional quedou limitada a aqueles agricultores e gandeiros que conten con esa titulación. Tanto é así que a posesión deste carné xa esta sendo un requisito imprescindible para poder comprar estes produtos”.