O CONCELLO TRAMITA AS SOLICITUDES PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Lourenzá, 21 de maio de 2015. O Concello de Lourenzá tramita as solicitudes para os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2015.

Os requisitos para participar son “ter recoñecida unha discapacidade  cunha porcentaxe igual ou superior a 33 por cento; ter unha idade comprendida entre 11 e 40 anos; estar empadroados nalgún concello de Galicia; non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade; ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver; e ter una mobilidade acorde coas características da instalación que solicitan”.

Os lugares onde se van desenvolver estes campamentos son o Albergue Xuvenil de Gandarío, na Coruña, no mes de agosto; e a Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) en xullo. O prezo é de 125 euros e as solicitudes ponde presentarse no despacho da traballadora social do Concello de Lourenzá de luns a venres en horario de mañá. O prazo remata o 10 de xuño.