OS PRESUPOSTOS DO CONCELLO PARA ESTE ANO, QUE FORON APROBADOS ONTE POLA CORPORACIÓN, ASCENDEN A 1.825.000 EUROS

Os presupostos do Concello de Lourenzá para este ano 2016, que foron aprobados onte pola corporación municipal, ascenden a 1.825.000 euros.

A alcaldesa, Rocío López, explicou hoxe que “dentro das partidas de gasto o 41 por cento destinarase ao pago dos salarios do persoal municipal, mentres que en gastos correntes estímase desembolsar 582.800 euros, é dicir un 32 por cento do presuposto. Para investimentos reais destínanse un total de 264.000 euros. Na partida de ingresos o Concello espera recadar 569.000 euros por impostos directos, 795.200 euros por transferencias correntes e 258.600 euros por taxas, prezos públicos e outros ingresos”.

A rexedora municipal destacou que estes orzamentos “están adaptados á realidade de Lourenzá. Están orientados ó mantemento e, sobre todo, á mellora da calidade dos servizos municipais existentes. Todas as actuacións que se inclúen neste presuposto están orientadas a cubrir as necesidades reais existentes no noso concello”.