Novas

Novas do Concello

UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO DO 20 AO 23 DESTE MES

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase a Lourenzá do 20 a 23 deste mes. Deuno a coñecer a través dun bando a alcaldesa, Rocío López García.

A rexedora explica que a unidade móbil situarase no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá desde o vindeiro martes, día 20, ata o venres 23. Os días 20, 21 e 22 estará en horario de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas e o día 23 atenderá só pola mañá.

Novo patrocinador para o equipo xuvenil de fútbol das Escolas!!!

Nesta nova temporada onde o equipo xuvenil adestrado por Diego Rego comenzará a liga en breve o equipo estará PATROCINADO por O REI DAS TARTAS, unha marca universal que aposta polo traballo que dende as Escolas Lourenzá e ó Mondoñedo Fc están a facer co traballo de fútbol base. En breve estrearemos a nova equipación!!!

O Rei das Tartas disputa no día de mañá sábado un novo amigable, este caso recibindo ó C.D. S. Ciprián ás 18:00 horas en Anfield Cruz!!!.

Ford Talleres Cardi e Excavaciones Ramsei renovan o seu patrocinio cos equipos de fútbol INFANTIL e CADETE!!! Amigables de ambos equipos en Xove!!!

Por terceira temporada consecutiva os equipos de fútbol infantil e cadete seguirán patrocinados por Talleres Cardi (infantil) e Excavaciones Ramsei (cadete). Ambas marcas seguirán un ano máis vinculadas ás Escolas Lourenzá e ó Mondoñedo Fc abanderando os seus equipos de fútbol de categorías base.

Ambos equipos disputan este vindeiro sábado día 3 de setembro partidos amigables.

Infantil: 16,30 - Xove Lago - Talleres Cardi.

Distribuir contido