Novas

Novas do Concello

Xana Rguez. GANA A MEDIA VERTICAL COMADO 16 na Cat. Senior Feminino con 7 títulos máis no resto das categorías menores para as Balas do Maderas Barcia Lourenzá!!!

Xana Rguez.(atleta xuvenil) vencía no día de onte na Media vertical de 4,5 kilómetros de comado na categoría senior feminino con un tempo de 40,06. Pablo Irimia, tamén xuvenil obtiña a 7ª posición senior con unha marca de 39,07.

En prebenxamín, título para Sheila López en feminino e Iago Longarela en masculino. Pedro Moirón ademáis, 3º clasificado.

En Benxamín/Alevín masculino: 1- Manu Rguez., 2- Ian Méndez. Ademáis, Xabi Sordo(6º) e Brais Díaz(8º).

Henar Méndez, Ian Méndez e Ana Vallines GANAN a Popular Xermade 2016. Subcampionatos para Andrea García, Cristian Piñeiro, Pablo Irimia e Carmen López!!!

Onte domingo en Xermade as balas dominaban as categorías menores en Xermade, nunha nova edición da súa popular:

Prebx. Feminino: 2 - Andrea García.

Benxamín Feminino: 1 - Henar Méndez.

Alevín Feminino: 4 - Diana Lastra.

Alevín Masculino: 1 - Ian Méndez.

Infantil Feminino: 1 - Ana Vallines

Cadete Masculino: 1 - Cristian Piñeiro

Xuvenil Feminino: 2 - Carmen López

Xuvenil Masculino: 2 - Pablo Irimia.

Ademáis, a delegada Loli Piñeiro recollía o premio ó clube con participación máis numerosa!!!

 

REMATOU A OBRA DE “MELLORA E MANTEMENTO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS AGRARIAS NO CONCELLO DE LOURENZÁ”

Con data 12/08/16 rematou a obra de “MELLORA E MANTEMENTO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS AGRARIAS NON CONCELLO DE LOURENZÁ”, para a que se concedeu una subvención ao abeiro da Resolución de 25 de xaneiro de 2016, pola que se aproba o Plan Marco: MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS AGRARIAS 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 por importe de sesenta e oito mil trescentos sesenta euros con setenta e sete céntimos (68.360,77.-)

O USO DA PISTA DE PÁDEL MUNICIPAL COMEZA A ESTAR REGULADO A PARTIR DO VINDEIRO LUNS, DÍA 10. HABERÁ QUE FACER A RESERVA NAS OFICINAS DO CONCELLO E PAGAR UNHA TAXA DE 4 EUROS POR UNHA HORA E MEDIA.

Lourenzá, 6 de outubro de 2016. O uso da pista de pádel do Concello de Lourenzá comezará a estar regulado a partir do vindeiro luns, día 10, polo que para utilizala haberá que facer a reserva nas oficinas municipais e pagar unha taxa de 4 euros por unha hora e media.

DISCURSO PRONUNCIADO POLA ALCALDESA DE LOURENZÁ, ROCÍO LÓPEZ, DURANTE O ACTO DE INAUGURACIÓN DA XXVI FESTA DA FABA

XXVI FESTA DA FABA

Bos días a todos e a todas…..

Benvida Presidente, Deputados proviciais, alcaldes e alcaldesas, concelleiros…e demais autoridades.....e sobre todo veciños e veciñas de Lourenzá.

Quero comezar dando as gracias ao señor presidente da Deputación de Lugo, pola colaboración e a chega económica que tivemos este ano para a realización desta festa.

Distribuir contido