Novas

Novas do Concello

REPRESENTANTES DA JEFATURA PROVINCIAL DE TRÁFICO DARÁN UNHA CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIARIA MAÑÁ, XOVES, NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL. NO ACTO REPARTIRANSE CHALECOS REFLECTORES ENTRE OS ASISTENTES

Representantes da Jefatura Provincial de Tráfico de Lugo darán unha charla sobre seguridade viaria mañá, xoves, día 19, ás sete da tarde no salón de actos municipal. No acto repartiranse chalecos reflectores entre os asistentes.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anunciou que na charla tratarase sobre a seguridade viaria en xeral, pero un dos asuntos no que se vai incidir e nos atropelos a peóns. Tamén se falará da Unidad de Víctimas de Accidentes de Tráfico (UVAT).

As Balas das Escolas celebraron o Día das Letras Galegas á carreira na Popular de Villalba con 4 TÍTULOS E 12 PÓDIUMS!!!

Resultados por Categorías.

Atletas con +5 anos masculina:

3 - Marcos Graña.

Atletas con +5 anos feminina:

2- Amina Bouyzar

Atletas con + 7 anos feminina:

1 - Iria Rguez.

2 - Aroa Glez.

3 - Henar Méndez.

4 - Sheila López.

Atletas con + 7 anos masculina:

5 - Xabi Sordo.

Atletas con +10 anos masculina:

1 - Ian Méndez.

2 - Samuel Debasa.

Atletas con +10 anos feminina:

2 - Hiba Bouyzar.

Atletas con +13 anos masculina:

1 - Pablo Irimia

2 - Luís López.

6 - Aleix Díaz.

4 TÍTULOS E 12 PÓDIUMS ACOMPAÑÁN ÁS BALAS DO MADERAS BARCIA NA CARREIRA DAS PRAIAS DE BARREIROS

Nova exhibición dos atletas do Maderas Barcia Lourenzá, neste caso nunha nova edición da espectacular Carreira das Praias de Barreiros.

Nas carreiras de pitufos e prebenxamíns(non competitiva) bos papeis de Carlota, Sheila, Sara, Marcos, Iago e Amina.

Nas categorías competitivas, por pódium:

Bx. Feminino. 1ª Iria Rguez. 3ª Aroa Glez.

Bx. Masculino. 3º Aarón Millares

O CONCELLO PROGRAMA ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL E NO CENTRO DE DÍA PARA MAIORES O 22 DESTE MES

O Concello de Lourenzá programa diversas actividades para celebrar o Día do Libro na biblioteca municipal e no centro de día para maiores na xornada do 22 deste mes, venres.

Ás 12 do mediodía na biblioteca municipal haberá o espectáculo infantil Bibliocanta, a cargo de Chío Couto Rendo. Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.

E ás catro e media da tarde no centro de día terán lugar lecturas musicadas da obra do escritor Manuel María.

Distribuir contido