Novas

Novas do Concello

O vindeiro sábado día 18 de xuño e coincidindo coa Clausura Oficial da Temporada presentaremos o Himno Oficial do XX Aniversario das Escolas

Ten unha duración de 3 minutos e medio aínda que tamén teremos unha versión corta de 1 minuto e medio así como unha versión instrumental. No mesmo lémbrase o ano de fundación do clube así como se mencionan ó longo do mesmo as distintas seccións deportivas que compoñen as Escolas.

A partir do 18 de xuño e unha vez sexa presentado aloxarase nas distintas redes sociais do clube para que poda ser descargado por todos os socios simpatizantes e público en xeral.

 

Éstas son as Balas Cadete e Xuvenil do Maderas Barcia Lourenzá que nos representan este fin de semana no Galego Cadete e Xuvenil de Pista!!!

Mañá sábado en Ferrol e o domingo en Vigo(Balaídos) os atletas cadetes e xuvenís con marca mínima para os ctos. representarannos no galego cadete e xuvenil

Estas son as balas do fin de semana:

SÁBADO, GALEGO CADETE EN FERROL.

Bruno Santos na final de lanzamento de martelo(11,00 horas)

Claudia Graña na semifinal de 100 valados (17,30 horas)

O CONCELLO FELICITA AO EQUIPO FEMININO INFANTIL DE PATINAXE DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS POR PROCLAMARSE SUBCAMPIÓN PROVINCIAL

Lourenzá, 3 de xuño de 2.016. O Concello de Lourenzá felicita ao equipo feminino infantil de patinaxe das escolas deportivas municipais por proclamarse subcampión provincial.

A Concellería de Deportes de Lourenzá quere dar os parabéns e felicitar ás integrantes do equipo feminino infantil de patinaxe das escolas deportivas municipais así como a súa monitora, Tania Irimia, polo seu recente éxito en Xove, onde se proclamaron subcampioas provinciais desta disciplina.

A ALCALDESA ACLARA QUE O SOLDO QUE PERCIBIRÁ O SEGUNDO TENENTE DE ALCALDE CÓBRESE COA BAIXADA DE SALARIO DA ACTUAL REXEDORA RESPECTO AO DA ANTERIOR, REDUCIÓN QUE XA SE APLICOU AO INICIO DESTE MANDATO

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, aclarou esta mañá que o soldo que percibirá o segundo tenente de alcalde pola súa dedicación parcial, de 400 euros brutos ao mes, cóbrese coa redución de salario da actual rexedora respecto ao que tiña a anterior alcaldesa, baixada que xa se aplicou ao inicio do actual mandato municipal. Dende ese momento o Concello tamén aforra a totalidade do soldo que cobraba o tenente de alcalde do anterior goberno local.

A xeración de Ouro do Maderas Barcia Lourenzá coroase entre os 4 mellores equipos galegos no Cto. Galego Infantil Feminino onte domingo en A Coruña

O equipo infantil feminino das Escolas Lourenzá obtivo onte nas pistas de Elviña en A Coruña a 4ª posición por equipos a só un punto do 3º clasificado, instalándose así como un dos mellores clubes de Galicia de base no atletismo galego nunha competición con 16 entidades en concurso.

As artífices do logro conseguido no día de onte son:

80 lisos. Alba Alonso. 7ª xeral: 7 puntos.

150 lisos. Ainara Rguez. 1ª xeral: 16 puntos.

500 lisos. Mariña Salvatierra. 10ª xeral: 7 puntos.

AS BALAS INFANTIL FEMININO, NO GALEGO POR EQUIPOS O VINDEIRO DOMINGO DÍA 22

O domingo 22 nas pistas de Elviña na Coruña preséntase o Equipo Infantil do Maderas Barcia Lourenzá no Cto. Galego por Equipos. Xunto a él estarán Agrupación Viguesa A,tletismo Sociedad Gimnástica de Pontevedra ,Atletismo Femenino Celta, Olímpico de Vedra, Franciscanos de Lugo, Riazor ,Ourense Atletismo, Club Atletismo Sada, Vila de Cangas, Atletismo Friol, C.N. Cedeira, Marineda ,Universidad Santiago, Lucus Caixa Rural Galega, Coruña Comarca, Millaraio e Ría Ferrol.

Distribuir contido