Novas

Novas do Concello

O PASADO DOMINGO DÍA 8 DE MARZO A SECCIÓN DE CICLISMO DESPRAZOUSE A COTOBADE CON 3 CICLISTAS DA SECCIÓN DAS ESCOLAS

Bonita carreira hoxe en Cotobade na primeira transgalaica do 2015, con mais de 400 participantes. O novo recorrido que nos tiñan preparado este ano os Monteferro, era como sempre moi bonito pero moito mais duro que o do ano pasado , con moita lama e cambiando moita pista da parte alta por bonitos sendeiros.

Dos nosos ciclistas o primeiro en chegar a meta foi Javier Legide no posto 48 xeral e 13 Master 40 con un tempo de 3h 12m.

AINARA, A RAÍÑA DO CORRE CON NÓS

Ainara Rguez. volvía a impoñerse de novo na prestixiosa Corre con Nós que tivo lugar nas Termas en Lugo este pasado domingo. Nova victoria por tanto na categoría infantil sobre unha distancia de 1500 mts. con un tempo de 6 minutos e 17 segundos.Tamén tomou parte na mesma proba Iria Rguez. en categoría benxamín, así como Marisa Ares en categoría absoluta.

UNHA TRINTENA DE MULLERES PARTICIPARON NO CAFÉ CALCETA ORGANIZADO POLO CONCELLO PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER

Unha trintena de mulleres participaron no café calceta organizado polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día da Muller Traballadora.

O acto celebrouse o pasado sábado na sala de usos múltiples do departamento municipal de Servizos Sociais, que está no Torreón dos Frades. A laurentina Maruxa Geada relatou a súa experiencia nun mundo tradicionalmente masculino, o da súa profesión de camioneira.

A SECCIÓN DE ATLETISMO VOLVE A TRIUNFAR NO CTO. GALEGO CADETE COA PRATA DE NEREA BAJATIERRA EN PESO

O  Maderas Barcia ten unha nova subcampiona galega no seu equipo. O pasado sábado día 28 de febreiro acudían as componentes do equipo das Escolas con marca mínima para poder participar no Cto. Galego de Pista Cuberta en Riazor (A Coruña).

Con un lanzamento mellor de 9,22 Nerea Bajatierra proclamábase subcampiona galega de pista cuberta obtendo ademáis a súa mellor marca persoal.

Participaron, ademáis:

Xana Rguez. 

Distribuir contido