CURSO DE PREPARACIÓN PARA O CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (Celga)
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza un Curso de preparación para o Celga destinado a toda a cidadanía mariñá.
O obxectivo principal deste curso é informar sobre os Celga, que é e como preparalo, facilitando as ferramentas lingüísticas e coñecementos necesarios para superar as probas que convoca anualmenta a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.