Noticias

EMMA, BRAIS, DIANA, NICO, ANA, XANA E AARÓN VENCEN NA BENQUERENCIA TERRA MAR NO REGRESO DE MANUEL FOLGUEIRA Á SECCIÓN

PITUFOS FEMININO: 1ª – Emma García.

PREBX MASCULINO: 1º- Brais Diaz. 3º - David Martínez.

PREBX FEMININO: 1º- Diana Lastra. 2ª – Carmen García.

BX. MASCULINO: 1º- Nicolás Álvarez.

BX. FEMININO: 2ª – Hiba Bouyzar

AV. FEMININO: 1ª – Ana Vallines

INF. FEMININO: 1ª – Xana Rodríguez

CAD. MASCULINO: 1º - Aarón Rivas

CAD. FEMININO: 3ª – Camen López

UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO DO 24 AO 27 DESTE MES

Lourenzá, 9 de setembro de 2013. Unha unidade móbil para a inspección técnica de vehículos agrícolas estará nas instalacións do mercado comarcal gandeiro de Lourenzá do 24 ao 27 deste mes de setembro. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando.

O horario de atención será de 9 a 13:30 e de 15:15 a 18 horas agás o día 27, cando será só pola mañá. Para solicitar cita previa poden facelo chamando ao teléfono 902.30.90.00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.