Lourenzá, 9 de setembro de 2013. Unha unidade móbil para a inspección técnica de vehículos agrícolas estará nas instalacións do mercado comarcal gandeiro de Lourenzá do 24 ao 27 deste mes de setembro. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando.
O horario de atención será de 9 a 13:30 e de 15:15 a 18 horas agás o día 27, cando será só pola mañá. Para solicitar cita previa poden facelo chamando ao teléfono 902.30.90.00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.
No bando tamén se explica que “a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias”.