A SECCIÓN DE CICLISMO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS ORGANIZA UN BICI TAPEO DENTRO DAS ACTIVIDADES DA XORNADA TODOS CARA A TOVAR, QUE SE DESENVOLVERÁ ESTE DOMINGO, DÍA 29

A sección de ciclismo das escolas deportivas municipais de Lourenzá organiza un bici tapeo dentro das actividades da xornada Todos cara a Tovar, que se desenvolverá este domingo día 29 no Pazo de Tovar.
O secretario da sección de ciclismo das escolas deportivas, Francisco Álvarez, explicou que “será unha ruta polo val de Lourenzá, saíndo dende o castelo de Tovar e volvendo ao mesmo. É adaptada para todos os públicos, polo que poden vir nenos, pois é de dificultade moi baixa. E durante o percorrido vamos parar en tres cafeterías e cervexarías para facer un tapeo en cada unha delas”.
Francisco Álvarez engadiu que “hoxe é o último día de prazo para inscribirse e xa temos unhas 30 persoas apuntadas, polo que cremos que vai haber bastante xente”.