Lourenzá, 15 de novembro de 2012. A Concellería de Cultura, a través da biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou, convoca a fase local do certame de poesía infantil Nadal 2012. Anunciouno a concelleira Lupe Flórez Seivane.
O prazo de presentación dos traballos remata o día 21 de decembro deste ano. Hai tres categorías: para nenos de ata oito anos de idade, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. Os autores seleccionados polo xurado recibirán de premio un diploma e libros. Ademais participarán la fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
O fallo do xurado local farase público no primeira quincena de xaneiro de 2013.