CAMINATA HASTA LA ROMARÍA DE SANTA CRUZ

Este pasado domingo día 11 a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá participou na Romería da Santa Cruz. Pola mañá cedo botámonos a andar dende o Santuario de Santo Estebo do Ermo, en Barreiros ata a Capela da Santa Cruz, en A Tilleira, Lourenzá, un percorrido duns 15 km e de dificultade media-baixa. Unha vez ali, bailamos na sesión Vermouth e disfrutamos dunha comida campestre no campo da festa, onde comimos empanada en rollo, churrasco, pulpo e como non, rosca de Santa Cruz. Tamén houbo café de pota e queimada. Non faltou a diversión, a música e o bo ambiente en toda a tarde.
 Estivemos acompañados tamén polo Clube Ciclista E.D. Lourenzá. ao que lle agradecemos a súa colaboración e participación neste evento.