Lourenzá, 10 de novembro de 2012. A Concellería de Cultura organiza o xa tradicional ciclo de outono teatral que cada ano se desenvolve por estas datas en Lourenzá.
A concelleira Lupe Flórez Seivane anunciou hoxe que nesta ocasión a primeira función correrá a cargo da compañía Raiolas, de Alfoz, dirixida por Pepe Peinó, que representará a obra titulada “O chufón”, da que é autor Xesús Rodríguez López. Será o vindeiro domingo, día 18 de novembro, ás sete da tarde no salón de actos da casa de cultura de Lourenzá.
Lupe Flórez deu a coñecer ademais que “Pepe Peinó tamén vai achegarse a Lourenzá o día 1 de decembro, xa que él foi o que escribiu e dirixiu a obra que van protagonizar os alumnos do taller de memoria do noso Concello, que van estreala de maneira oficial nesta data, tamén no salón de actos da casa de cultura”.