AS CATEGORÍAS ALEVÍN MASCULINO E FEMININO E AS BENXAMÍN MASCULINO E FEMININO DESPRAZAREMONOS A VIGO PARA PARTICIPAR NA II LIGA ESCOLAR FEDERADA

As categorías alevín masculino e feminino así como as benxamín masculino e feminino desprazaremonos a Vigo (Balaídos) o vindeiro sábado dia 9 de novembro para participar na II Liga Escolar Federada que organiza a Federación Galega de Atletismo e que terá continuación o dia 30 en Lugo. Ésta é a primeira vez que participa o clube no que cada proba ten que ser cuberta por dous atletas e un atleta non pode ir a máis de duas probas.

Os atletas seleccionados son os seguintes:

ALEVÍN MASCULINO: Mario Pardo, Nicolás Álvarez, Samuel Debasa, Aleix Diaz, Joel Moirón, Xaquín Sánchez, Hugo Villalba.

ALEVÍN FEMININO: Hiba Bouyzar, Sara García, Ainhoa López, Mencía Martínez, Ainra Rguez, Aroa Sordo, Ana Vallines, María Vallines.

BENXAMÍN MASCULINO: Brais Diaz, David Martinez, Ian Méndez, Manuel Rguez, Fernando Vallines, Nicolás Rguez.

BENXAMÍN FEMININO: Valeria Álvarez, Carmen García, Diana Lastra, Jimena Otero, Lara Recalde, María Sánchez.

Ver táboa de seleccionados (PDF) 

Os equipos benxamín acuden por primeira vez a un campionato destas características coa finalidade de aprender mentres que os equipos alevín masculino e feminino sí intentarán facer un bo papel co resto de 9 equipos da comunidade galega. 

Máis información en: http://www.atletismogalego.com/fga/p2.asp?id=2798