COLABORADORES DO CLUB DE CICLISMO LOCAL FORMARÁN GRATUITAMENTE ÓS MAIORES DE 4 ANOS NO BTT. A INSCRICIÓN PODERÁ REALIZARSE ATA O DÍA DA PRESENTACIÓN, MARTES 16 DE XULLO

Lourenzá, 8 de xullo de 2013. Colaboradores do club de ciclismo de Lourenzá, que está vinculado ás escolas deportivas municipais, formarán a todos os maiores de 4 anos na práctica do BTT, de forma gratuíta, co fin de dar a coñecer este deporte á vez que ofertan outra alternativa para facer exercicio de forma colectiva.

A actividade, organizada por ED Lourenzá Ciclismo e as Escolas Deportivas de Lourenzá co apoio dos Concellos de Lourenzá e de Mondoñedo, realizarase o 16 deste mes de xullo, martes, no campo de fútbol de Lourenzá de 19:30 a 21:00 horas e o xoves,no campo de fútbol de Mondoñedo de 19:30 a 21:00 horas.

Os que queiran asistir deberán inscribirse nas oficinas municipais de Lourenzá ou de Mondoñedo antes do día 15 deste mes de xullo ou o propio martes 16 de xullo, día da presentación, no campo de fútbol de Lourenzá ás 19:30 horas. Para poder acudir ó curso será obrigatorio levar o folleto de inscrición cuberto, unha bicicleta en perfecto uso (preferentemente de montaña) e casco.

Os interesados encontrarán máis información en ámbalas dúas casas do concello e, para resolver dúbidas, poderán poñerse en contacto con Paco (Lourenzá) no número de teléfono 649.14.65.16, con Peixe (Mondoñedo) no 605.7901.38 ou a través do correo ed.lourenza.ciclismo@gmail.com.