CONCERTO OFRECIDO POLO GRUPO DE ACORDEÓNS DE VIVEIRO NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO DE LOURENZÁ

Presentámosvos dúas fotos do concerto ofrecido polo grupo de acordeóns de Viveiro no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá onte, domingo. Da agrupación que dirixe Lino Rico forman parte tamén David Rodríguez, Ángeles Cuadrado, Herminio Pernas e Esperanza Pérez. Interpretaron un variado repertorio de temas musicais diante dun numeroso público e incluso actuou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, que interpretou un pasodobre xunto a Lino Rico.