Presentámosvos unha foto dos participantes no curso de manipulador de produtos fitosanitarios promovido polo Concello de Lourenzá, que remataron as clases teóricas. As prácticas e o exame realizaranse o día 30 deste mes de xullo, martes, na Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias que está en Vilaframil (Ribadeo).