DISPUTOUSE O XV TROFEO CONDE SANTO 2013 CON MOTIVO DAS FESTAS PATRONAIS NA MODALIDADE DE 3 A 1

Onte domingo disputouse o XV Trofeo Conde Santo 2013 con motivo das festas patronais na modalidade de 3 a 1; con ambientazo de gala no Anfiel Cruz.

1º PARTIDO: LOURENZÁ 2, FOZ 0.

Os goles de Montxo e Marquinhos fixeron xusticia ó sucedido nunhos 45 minutos moi entretenidos e nos que o Atleti estivo moi a gusto con momentos de bo fútbol por parte dos dous conxuntos. A pegada dos de Renda propiciaron o 2-0 final.

2º PARTIDO: FOZ 0, MONDOÑEDO 1.

Partido moi disputado con ocasións contínuas de gol onde o oficio e a superioridade física dos de Hermelino fixeron valer a victoria con gol de Rudvan.

3º PARTIDO: LOURENZÁ 1, MONDOÑEDO 0.

O Lourenzá levou a iniciativa en todo momento diante dun Mondoñedo que creou ocasións de perigo á contra. A contundencia no gol de Marquinhos tras a galopada de Montxho por banda acabou coa resistencia mindoniense.

Destacar o ambiente deportivo que reinou nos tres encontros. Recalde recolleu o trofeo de campión nas mans de Emma Álvarez Chao, Alcaldesa de Lourenzá.

Ademáis, o día antes disputaronse os trofeos Xuvenil e Infantil. En Infantís as E.D. Lourenzá Mondoñedo venceron 8-5 ás Escolas Porto de Burela e en Xuvenís as E.D. Lourenzá Mondoñedo ganaron por 2-0 ó Sp. Pontenova.