AS E.D. LOURENZÁ MONDOÑEDO TEÑEN NOVO EQUIPO SENIOR DE BASKET FEMININO

As E.D. Lourenzá Mondoñedo teñen novo equipo sénior de basket feminino. No dia de hoxe, que era o última para inscribir o equipo, concretouse de forma oficial a inscripción para participar na Liga Provincial de Lugo e Coruña.

Así pois, por primeira vez na historia as Escolas presentarán dous equipos en ámbito sénior feminino, un en Nacional e outro en Provincial.

As rapazas que se farán cargo da secretaría técnica e xogarán tamén neste novo proxecto serán a capitana durante moitos anos en autonómica Laura Fernández e a tamén xogadora formada nas categorías inferiores Andrea Rodríguez.

Ademáis o equipo agora mesmo está formado polas exxogadoras de autonómica a laurentina Marta Peláez, a burelesa María García Novoa e a focense Ainhoa Vega; coas sénior Iria Sánchez, Milka Rubal e Cristina Rubal e as júnior Patrícia Rguez, Tania Irimia e María Taboada. Da delegación do equipo encargarase Noelia García e como adestrador estará Mariano De La Torre.

Foto de Laura e Ainhoa recollendo o trofeo Lourenzá en Xogo no ano 2012