EL AYUNTAMIENTO ADJUDICÓ EN 17.000 EUROS LA CONSTRUCCIÓN DE UN ISLOTE PARA COLECTORES DE RESIDUOS EN LA PLAZA CÉSAR CHAVARRÍA

O Concello de Lourenzá adxudicou en 17.000 euros a construción dun illote para colectores de residuos que se instalará na praza César Chavarría.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “na comisión de goberno foi adxudicada á empresa José Saa a construción dun illote de colectores de residuos na praza César Chavarría por un importe de 17.186,61 euros. O que pretendemos facer con esta actuación é minimizar o impacto visual dos colectores que neste momento están na avenida da Mariña e dalgunha maneira evitar o olor que poidan desprender durante as épocas de calor, principalmente na primavera e no verán. Con esta actuación poñeranse colectores para residuos orgánicos, para plásticos e tamén para vidro”.