EL AYUNTAMIENTO ANUNCIA UNA CAMPAÑA VOLUNTARIA DE VACUNACIÓN DE PERROS QUE SE LLEVARÁ A CABO EN LAS CUATRO PARROQUIAS DEL MUNICIPIO A PARTIR DE MAÑANA, MIÉRCOLES

O Concello de Lourenzá anuncia a posta en marcha dunha campaña voluntaria de vacinación de cans que se levará a cabo nas catro parroquias do municipio. Comezará mañá, mércores 21, na parroquia de Santa María; o xoves 22 será en San Xurxo; o luns 26 farase en Santo Tomé e o martes 27 en Santo Adrao.
A campaña será para levar a cabo diferentes tipos de vacinacións, desparasitacións e a emisión de nova cartilla pasaporte xunto con implantación de microchip para aqueles animais que aínda non o teñan.
Os encargados serán os veterinarios Silvia Roca Castro e Xosé Antón Luaces e os interesados poden chamar aos teléfonos 689.55.11.83 ou 667.23.18.36.