EL AYUNTAMIENTO CELEBRÓ EL DÍA DEL LIBRO CON LOS ALUMNOS DEL CEIP JUAN REY, QUE ASISTIERON A UN ESPECTÁCULO PARA FOMENTAR LA LECTURA

O Concello de Lourenzá celebrou o Día do Libro cos alumnos do CEIP Juan Rey, que asistiron onte a un espectáculo para fomentar a lectura.

A concelleira Lupe Flórez Seivane explicou que “esta actividade que vimos de programar dende a Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal Juana de Ibarbourou, está pensada co gallo da conmemoración do Día do Libro, e está enfocada ó fomento do hábito lector dende as primeiras idades. Trátase dun espectáculo denominado A maleta da avoa, no que Raquel Queizás rescata simbolicamente unha morea de pequenos tesouros que se agochan nunha maleta: a memoria entre os libros, bonecas de millo, chapeus, adiviñas, ...”
 
Esta iniciativa forma parte do programa de fomento da lectura da Xunta de Galicia denominado Ler conta moito.