EL AYUNTAMIENTO COLABORA CON LA CONCENTRACIÓN DE COCHES CLÁSICOS QUE SE CELEBRARÁ ESTE SÁBADO DÍA 7. LA ALCALDESA EXPLICA QUE CONTRIBUIRÁ A DINAMIZAR Y PROMOVER TURISTICAMENTE EL MUNICIPIO

O Concello de Lourenzá colabora coa concentración de coches clásicos que se celebrará este sábado, día 7 de xuño. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explica que este evento contribuirá a dinamizar e a promover turisticamente o municipio.
A rexedora municipal explicou que “Lourenzá acollerá a segunda concentración de coches clásicos que organizan no concello de Foz e na que somos colaboradores xunto coa Acial. Para apuntarse nesta concentración hai un número de teléfono da organización, o 670.97.98.52, e a forma que temos de colaborar é facilitando a ruta por Lourenzá, na que se vai visitar a igrexa e o mosteiro de San Salvador, a súa sancristía co relicario, tamén a tumba do Conde Santo; e os coches estarán todos aparcados no Cantón para que a xente que se atrae por estas belezas históricas poidan velas aquí, no noso concello. Posteriormente a esta visita, que será ás cinco e media da tarde, irán en ruta ata a parroquia de Santo Tomé para visitar o Pazo de Tovar. Mentres que os condutores e a xente que participa nesta ruta visitan o pazo os coches estarán aparcados na explanada que hai xusto diante para que tamén a xente de Canedo e das inmediacións poidan ver estes coches”.
Emma Álvarez comentou que “con esta iniciativa contribuímos a dinamizar Lourenzá posto que algún curioso se acercará a ver estes coches e a propia xente que, doutras partes da provincia e incluso de Asturias, van participar nesta ruta tamén terán unha oportunidade de coñecer Lourenzá e desta maneira posiblemente volverán a pasar máis tempo entre nós”.