O Concello de Lourenzá entregou os premios do certame de poesía de Nadal organizado pola biblioteca pública municipal. Cada un dos nenos/as premiados recitou o seu poema e posteriormente recibiu o diploma e un agasallo, que consistiron en lotes de libros e material de papelería.
Na entrega de premios participaron a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez; a concelleira de Cultura e presidenta do xurado do certame, Lupe Flórez; a responsable da biblioteca municipal e secretaria do xurado, María José López; e a educadora familiar e membro do xurado, Dolores Villasuso.