EL AYUNTAMIENTO ORGANIZA ACTIVIDADES DE VERANO EN JULIO PARA NIÑ@S DE 4 A 9 AÑOS. EL PLAZO DE INSCRIPCIÓN SE ABRIÓ HOY Y CONCLUYE EL 26 DE ESTE MES

O Concello de Lourenzá organiza actividades de verán en xullo para nenos e nenas de 4 a 9 anos de idade. O prazo de inscrición abriuse hoxe e remata o día 26 deste mes.
A concelleira de Educación, Lupe Flórez Seivane, anunciou esta mañá que estas actividades “fundamentalmente van estar enfocadas en dous sentidos: por unha parte vai haber distintos talleres de animación á lectura, con sesións de contacontos, invención de historias, etcétera; e por outra parte, un curso de pintura en distintas técnicas que será impartido por unha monitora especialista no tema. Comezou hoxe o prazo de inscrición, que estará aberto ata o vindeiro xoves, 26 de xuño, na biblioteca municipal de Lourenzá en horario de 5 a 8 da tarde. Todas aquelas persoas que queiran informarse ou anotarse para esta actividade teñen que pasar pola biblioteca para facer efectiva a inscrición. As prazas son limitadas polo que respectaremos a orde de anotación nas distintas actividades”.
Lupe Flórez explicou que “estas son para os máis pequenos, ata 9 anos, pero para a franxa de idade de 10 a 16 anos imos dar a coñecer nos próximos días unha serie de actividades coorganizadas coa empresa que xestiona o ximnasio municipal”.