Lourenzá, 7 de marzo de 2013. O Concello de Lourenzá levou a cabo obras de mellora na biblioteca do colexio público Juan Rey e noutras instalacións deste centro educativo.
O concelleiro de Obras, Dino Vidal, explicou que “en aras da colaboración que o Concello mantén co Ceip Juan Rey pintouse a biblioteca para darlle un aspecto máis moderno e acolledor para os cativos. Anteriormente tamén se fixeron outras obras como a adecuación dun local como baño para minusválidos, reparouse o peche perimetral do colexio e fixéronse as bases de formigón para o valado da pista de deportes e colocáronse as bases das porterías na mesma pista, traballos que foron feitos coas prácticas do curso de albanelería”.
Dino Vidal comentou que “este é o balance das obras realizadas no colexio nos últimos meses, a maiores da colaboración que o Concello ten co centro para traballos de mantemento”.