EL AYUNTAMIENTO TIENE ABIERTO HASTA EL 19 DE JUNIO EL PLAZO DE SOLICITUD DE PERMISOS PARA LAS TRADICIONALES HOGUERAS DE SAN JUAN Y SAN PEDRO

O Concello de Lourenzá ten aberto ata o día 19 deste mes o prazo de solicitude de permisos para as tradicionais fogueiras de San Xoan e San Pedro.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, que fixo público un bando sobre este asunto, explicou que “ante a proximidade das tradicionais fogueiras de San Xoan e de San Pedro, co obxecto de favorecer a súa celebración nunhas condicións de seguridade axeitadas, disponse, para cumprir a normativa vixente, que cada fogueira deberá ter un ou varios responsables, que deberán solicitar nas oficinas municipais ata o día 19 de xuño o permiso para facer dita fogueira”.
A rexedora engadiu que “os responsables organizadores de cada fogueira ao remate da mesma serán os encargados de efectuar a retirada da vía pública dos restos da queima, que non se poderá facer sobre pavimento asfáltico co obxecto de evitar así o seu deterioro. Ademais prohíbese a queima de cubertas de goma, de plásticos, de aceites e de calquera outro derivado de hidrocarburos así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos ou que na súa combustión poidan xerar toxicidade. Non se poderán facer as fogueiras en lugares próximos a vivendas, a tendidos eléctricos, a bosques ou a calquera outro sitio no que poidan crearse situacións de perigo e hai que cumprir as medidas de seguridade contidas no artigo 37 da lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que foi modificada na lei 7/2010 de montes de Galicia e tamén no artigo 15.5 do decreto 105/2006 do 27 de xuño”.
Emma Álvarez considera que con estas normas “pódense celebrar igualmente estas festas tradicionais no noso concello, pero dunha maneira máis ordenada” e destacou que “contaremos cun vehículo de extinción que estará situado en posición saída por se houbera algún contratempo e incluso se notificarán ao distrito todas as fogueiras que nos solicitan facer os nosos veciños. O incumprimento das condicións indicadas con anterioridade levaría consigo apagar o lume, posto que o servizo de extinción de incendios así nolo esixe”.