O Concello de Lourenzá tramita as solicitudes dos veciños interesados en participar no programa de termalismo social para maiores Imserso 2014/15 e no de termalismo na provincia de Ourense.
En canto ao programa de turismo social para maiores Imserso, dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá explican que “os interesados en participar poden acudir ao despacho da traballadora social do Concello de luns a venres en horario de mañá ata o 5 de xuño de 2014. Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2014 e xuño de 2015, segundo a modalidade: estadías en zonas costeiras, viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España ou turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos. Os destinos poden ser Andalucía, Cataluña, Murcia, Comunidade Valenciana, Baleares e Illas Canarias”.
O Concello de Lourenzá tamén participa no programa de Termalismo da Provincia de Ourense e “as persoas interesadas en balnearios desta provincia poden solicitalo no despacho da traballadora social. Son estancias de 6 días e 5 noites e tamén se ofertan fins de semana. O procedemento farase a través da administración electrónica e este resolvese no mesmo momento da presentación da solicitude”.