EL AYUNTAMIENTO TRAMITA SOLICITUDES DE SUBVENCIONES A LA XUNTA PARA RENOVAR CUBIERTAS CON LOSA

O Concello de Lourenzá tramita as solicitudes de subvencións da Xunta de Galicia para renovar cubertas con lousa. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, que fixo público un bando sobre este asunto.
A rexedora municipal explicou que “a Consellería de Economía e Industria ven de publicar unha orde onde establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de cubertas de lousa para este exercicio 2014. O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 31 de xullo deste ano e basicamente o que se subvenciona é a renovación de cubertas existentes de vivendas ou tamén de edificios de vivenda colectiva, así como de edificacións anexas, para cambialos por cubertas de lousa”.
Emma Álvarez engadiu que “dende a oficina técnica do Concello, concretamente a arquitecta da oficina municipal de rehabilitación, informará aos interesados en horario de 8 a 15:30 horas e tamén tramitará as subvencións daquelas persoas que queiran optar a esta liña de axudas”.