EL DEPARTAMENTO DE SERVICIOS SOCIALES DEL AYUNTAMIENTO TRAMITA AYUDAS ECONÓMICAS PARA MUJERES VÍCTIMAS DE VIOLENCIA DE GÉNERO, QUE CONCEDE LA XUNTA DE GALICIA

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tramita axudas económicas para mulleres vítimas de violencia de xénero, que concede a Xunta de Galicia.
O departamento municipal de Servizos Sociais explica que “poden beneficiarse destas axudas mulleres que, acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia, se atopen nunha situación que lles impida afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de violencia adoptado ou emitido no período dos doce meses anteriores á data da solicitude, sempre que nese momento se producise o cesamento da convivencia. Os requisitos son: ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia; ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores a data da presentación da solicitude; estar empadroada e residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia; non ter percibido esta axuda  con anterioridade (segundo o artigo 27 da Lei orgánica 1/2004)”.
O prazo de presentación das solicitudes para estas axudas remata o 31 de outubro de 2014.