EL DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE SERVICIOS SOCIALES TRAMITA HASTA EL 26 DE ABRIL LAS SOLICITUDES DE LAS AYUDAS PARA FAMILIAS CON HIJOS MENORES DE TRES AÑOS

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tramita ata o 26 de abril as solicitudes das axudas establecidas pola Xunta de Galicia para familias con fillos menores de tres anos.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “ata o vindeiro 26 de abril o Concello de Lourenzá a través dos Servizos Sociais, que están situados no Torreón dos Frades, tramitará as axudas para a prestación económica de pago único por fillo a cargo menor de 3 anos. Estas axudas foron publicadas na orde do pasado 11 de marzo”.
A rexedora explicou que “os requisitos que deben cumprir as persoas que queiran ser beneficiarias destas axudas é non ter feito a declaración da renda do exercicio 2012 e a maiores teñen que ter a residencia habitual en Galicia e á data da solicitude os nenos teñen que convivir cos solicitantes. Poderán ser beneficiarios aqueles país que teñan fillos menores de 3 anos a fecha 1 de xaneiro. Se están separados ou divorciados teñen que ter a custodia dos fillos e os estranxeiros que residan en Galicia tamén poderán optar a estas axudas se cumpren as condicións da Lei Orgánica 4/2000 sobre os dereitos e liberdades dos estranxeiros”.
Emma Álvarez engadiu que “as persoas que queiran solicitar a axuda poderán pasarse polo Torreón dos Frades e necesitan a seguinte documentación: a solicitude segundo o modelo normalizado cos anexos, que se cubrirá no propio departamento de Servizos Sociais, e acompañarlle a fotocopia do DNI ou do NIF do solicitante ou do seu cónxuxe ou parella, a fotocopia do libro de familia, o certificado de nacemento do Rexistro Civil de cada menor de tres anos, fotocopia da folla da libreta da cartilla de aforros do solicitante como titular e certificado do número de conviventes da unidade familiar”.
A alcaldesa rematou comentando que “o que pretendemos dende o Concello con esta tramitación é axudar a aquelas familias que non fixeron a declaración da renda do exercicio 2012 para que poidan acceder a esta prestación económica”.