EL SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOGERÁ UN TALLER DE PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES EN EXPLOTACIONES AGRÍCOLAS DE HUERTA. ES GRATUITO, TIENE 25 PLAZAS Y EL PLAZO PARA INSCRIBIRSE ACABA ESTE MIÉRCOLES, 16 DE ABRIL

O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá un taller de prevención de riscos laborais en explotacións agrícolas de horta. É gratuíto, ten 25 prazas e o prazo para inscribirse remata este mércores, día 16.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “o día 22 de abril, martes, o salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acolle de 10 a 14 horas un taller de prevención de riscos laborais en explotacións agrícolas de horta. Vai destinado a persoas traballadoras maiores de idade que estean ocupadas ou desempregadas na actividade á que se dirixe o taller e que cumpran polo menos unha das dúas seguintes condicións: ter enderezo particular no concello onde se imparte o taller, neste caso Lourenzá, ou incluído nalgún dos plans de zona, co cal calquera persoa da Mariña que estea dentro do plan de zona da Mariña Central tamén podería vir a este curso, aínda que se vai facer tamén noutros concellos da Mariña; e a segunda condición é que traballe na actualidade outra traballara nun concello do plan de zona especificado para A Mariña de Lugo”.
A rexedora municipal engadiu que “este taller ten un total de 25 prazas e hai que presentar solicitude previa antes do 16 de abril, mércores; é dicir, quedan moi pouquiños días, polo tanto anímamos a aqueles persoas que queiran facer este taller, que é moi interesante, sobre todo para aquelas persoas que teñan explotacións de horta para saber os riscos aos que poden estar expostos. Animámolos a que se anoten aquí, no Concello de Lourenzá, na oficina do técnico de emprego, ou ben directamente por correo electrónico na dirección desenvolvementorural.issga@xunta.es. Este taller está promovido polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), da Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia".
A xornada será totalmente gratuíta para os asistentes e incluirá a visita a unha explotación, con contidos eminentemente prácticos. Os participantes recibirán un certificado oficial de asistencia emitida polo ISSGA.