EL TALLER DE PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES EN EXPLOTACIONES DE HUERTA TUVO UNA VEINTENA DE PARTICIPANTES

O concello de Lourenzá acolleu un taller de prevención de riscos laborais en explotacións de horta, actividade promovida polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), da Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia. Participaron unha vintena de persoas, titulares de explotacións gandeiras e de horta, que abordaron os perigos máis frecuentes aos que se soen afrontar no seu día a día para tratar de poñerlles solución, coa axuda dunha técnica en prevención de riscos laborais.
O taller incluíu unha visita práctica a unha explotación agraria, onde viron a maquinaria máis usada, analizaron os perigos que entraña o seu manexo e os accidentes que tiveron os alumnos para tratar de evitar este tipo de situacións.