Lourenzá, 18 de decembro de 2012. O Concello de Lourenzá iniciou o acondicionamento da praza César Chavarría Pacio, “obras que están incluídas dentro do plan de urbanización da Área de Rehabilitación Integral (ARI) e que se teñen que facer dentro do Pepri”, segundo anunciou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.
A rexedora municipal explicou que “este proxecto ten unha inversión de 10.000 euros e consiste na pavimentación do espazo público que faltaba por adecentar dentro desta praza César Chavarría e tamén inclúe unha varanda e unha rampla para facer máis accesible a nosa Casa do Concello”.