ENTREGADOS OS PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL 2013 DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL JUANA DE IBARBOUROU

Lourenzá, 31 de xaneiro de 2014. Os premiados no certame de poesía de Nadal 2013 da biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, recibiron os seus agasallos e diplomas.

No acto participaron a alcaldesa, Emma Álvarez; a concelleira de Cultura e presidenta do xurado, Lupe Flórez; a técnica de Cultura, bibliotecaria e secretaria do xurado, María José López; a educadora familiar, Dolores Villasuso, que tamén formou parte do xurado, no que ademais estaba a traballadora social, Pepa García, que non puido asistir á entrega de premios.

No acto estiveron todos os premiados agás unha nena, que non puido asistir por atoparse enferma.

As fotos foron realizadas pola fotógrafa local Lucía Valea, a quen o Concello agradece o seu traballo.

Descargar listado de premiados en PDF