FOTO DA EXCURSIÓN AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA, ORGANIZADA POLO CONCELLO DE LOURENZÁ

Enviamos foto da excursión ao parque acuático de Cerceda organizada polo Concello de Lourenzá, na que participaron 52 veciños do municipio. Esta actividade foi para nenos e rapaces, que nalgúns casos foron acompañados por familiares. Tamén houbo dous monitores do Concello, que foron os encargados de coordinar as actividades que se levaron a cabo e que serviron para que os participantes gozaran dunha xornada lúdica e tamén aprenderan normas básicas, para o que se fixo un campamento.