JÓVENES LAURENTINOS VISITARON LA CARPA XPLORA, SITUADA EN LA PLAZA DEL CONDE SANTO, PARA INFORMARSE SOBRE EL PLAN DE EMPLEO JUVENIL DE LA XUNTA

Rapaces do municipio de Lourenzá visitaron a carpa Xplora, que estivo situada na praza do Conde Santo, para informarse sobre o plan de emprego xuvenil da Xunta de Galicia e tamén das distintas propostas que dende a Dirección Xeral de Xuventude poñen en marcha para que os mozos leven adiante proxectos sociais dinamizadores e de voluntariado. Así o explicou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, quen ademais comentou que “tamén se interesaron polas axudas da Xunta destinadas a mozos para mobilización exterior”.
A rexedora municipal, que estivo na carpa Xplora acompañada por concelleiros do goberno local de Lourenzá, destacou que “tamén se achegaron nais de rapaces para informarse dos campamentos de verán que tramita a Xunta”
A presenza da carpa Xplora en Lourenzá foi unha iniciativa da Concellería de Educación, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OIMX) e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar.