Juan Álvarez Renda e a directiva do clube chegaron no dia de onte a un acordo polo que o ata o de agora míster deixará de ser adestrador do equipo de fútbol de primeira autonómica.
Avaliada a situación comprometida do equipo por ambas partes, optouse por un cambio e chegouse á decisión de que nesta segunda volta da temporada este á fronte do equipo o que ata o de agora era o preparador físico Breo, con experiencia como adestrador dirixindo a equipos de categorías inferiores do Rápido de Bouzas, así como preparador físico tamén do Rápido de Bouzas durante 6 temporadas consecutivas en terceira división.
Breo debutará xa este vindeiro domingo diante da afición en Sta. Cruz dirixindo ó equipo nun derbi diante do Iberia.
A directiva quere agradecer e valorar o traballo, esforzo e dedicación desenrolado polo mister Renda por confiar e comprometerse con esta entidade, deixando as portas abertas para que noutra ocasión se poda volver a incorporar ó organigrama do clube.