LA ASOCIACIÓN DE VECINOS DE SANTO TOMÉ OFRECERÁ UNA EXHIBICIÓN DE BATUKA Y ZUMBA DENTRO DE LOS ACTOS DE LA JORNADA TODOS CARA A TOVAR

A asociación de veciños da parroquia de Santo Tomé ofrecerá unha exhibición de batuka e zumba dentro dos actos da xornada Todos cara a Tovar, que se celebrará o día 29 deste mes, domingo.
“Somos un grupo de rapazas que facemos zumba e batuka dous días á semana e vamos colaborar na xornada Todos cara a Tovar cunha actuación de 45 minutos na que esperamos que nos acompañe o público para pasalo ben. Para participar non fai falta saber, poden ir collendo os pasos, que son fáciles”, explicou a directiva do colectivo veciñal Terras de Tovar e responsable desta actividade, Leonor García.
Esta actividade, que está programada para as 18:45 horas nos xardíns do Pazo de Tovar, inclúese dentro dos actos da xornada programados para a tarde, na que haberá tamén unha montaxe teatral a cargo do grupo Fantoches Baj e unha masterclass sobre a elaboración de fabas con callos por parte do afamado cociñeiro Iago Castrillón, que é natural de Lourenzá.