LA DELEGADA TERRITORIAL DESTACA LOS AVANCES EN LA MEJORA DE ACCESIBILIDAD REALIZADOS EN LOS ÚLTIMOS MESES EN EL CEIP JUAN REY DE LOURENZÁ

A delegada territorial, Raquel Arias, destacou os traballos de mellora de accesibilidade realizados nos últimos meses pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no CEIP Juan Rei.

Arias, que visitou xunto coa alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, as instalacións do centro, comprobou acompañada por persoal directivo do centro os traballos executados, mediante os cales se procedeu á preparación do espazo para a colocación dun ascensor, cuxa instalación definitiva se rematou no presente curso educativo.

Así mesmo, procedeuse tamén á construción dunha rampla de acceso ao edificio do centro, mediante a cal se facilita unha incorporación máis cómoda ás instalacións por parte de alumnado e profesorado con dificultades de mobilidade.

Os traballos realizados nos últimos meses no CEIP Juan Rei supuxeron un investimento de preto de 80.000 euros por parte da Xunta de Galicia, posto que aos devanditos traballos sumouse tamén o peche de instalacións deportivas do centro.

A delegada subliñou o “importante esforzo inversor” que está a realizar o departamento autonómico para “a modernización e ampliación das dotacións de todos os centros escolares que imparten os ciclos de ensino obrigatorio, con obras axustadas ás súas necesidades”.

Neste sentido, fixo fincapé en que “a Consellería amosa unha especial sensibilidade cara aos colexios situados nas zonas rurais, porque sabe da importancia de manter os servizos nos pobos”.

No caso do centro laurentino, os traballos realizados nos últimos meses veñen a sumarse ás actuacións no ámbito educativo que se levaron a cabo nos últimos catro anos en Lourenzá, onde dende o ano 2009 se dotou ao centro dunha pista polideportiva e se procedeu á realización de adaptacións na instalación eléctrica ou o acondicionamento da zona de ocio infantil, entre outras actuacións.